lunes, 7 de septiembre de 2009

COMUNICADO CIG "O pescado está vendido...."

Nuevo comunicado de la cig:

O pescado está vendido....

Antes de relatarvos o pouco que sucedeu na reunión de onte na Inspección, e debido as criticas que recibimos polo comunicado que sacamos o día 7 de agosto do 2009, e para que non se nos volva a tachar de manipuladoras, queremos aclarar que:

- Cando puxemos en varias ocasións: “O Inspector ratifica o que a CIG expón na súa denuncia [...] “ o que case todos seguramente entendestes, e o que queríamos dicir era que o Inspector non desestimaba as nosas denuncias directamente, senón que tiña que revisar toda a documentación para darnos por escrito a decisión de cada denuncia.

Aclarado isto, que de seguro xa entenderades perfectamente, relatamos o que sucedeu o martes en Inspección.

Modificación substancial: punto pendente da reunión na que o Inspector visitóu Atento.

Fixemos unha denuncia polo proceso de indefidos, no que a empresa discrimina, non aporta a información oportuna ao Comité, e non segue un criterio xusto saltándose a antigüedade, e pola modificación substancial en PYMES, porque entendemos que:

-A xente que cambiou “voluntariamente” de turno, o fixo ilegalmente, porque non caben acordos individuais nunha modificación substancial colectiva (véase Estatuto dos Traballadores).

-Hai xente que está facendo horarios fóra de banda (por exemplo: 12:00-19:00) que requiren a firma do Comité para facelos legais, e o acordo asinado por Empresa-UGT-CCOO non o reflexa. (Véase Convenio).

CONCLUSION:
-O Comité de empresa recibe a notificación por escrito dun horario fóra de banda, e a apertura dun Período de consultas para moficar os horarios en PYMES.

-A maioría deste Comité (CCOO-UGT) firmou este acordo, sen importarlle que nel, só falan dun horario fora de banda de 12:00 a 19:00, cando se están facendo máis horarios fóra de banda.

-A maioría deste Comité (CCOO-UGT) firmou este acordo, sen importarlle que nel, indiquen que é para 12 persoas, cando hai máis compañeiros que o están facendo sen estar incluídos nese listado.

-A maioría deste Comité (CCOO-UGT) firmou este acordo, sen importarlle que nel, non se fala en ningún momento de que se acepta modificar as bandas horarias que especifica o Convenio.

-A maioría deste Comité (CCOO-UGT) firmou este acordo, sen importarlle nin posicionarse en contra, cando a Empresa discrimina a traballadoras de PYMES, “castigándoas” sen ampliación a 39 horas. (CGT xa vos informou de que isto, estaba gañado no xulgado).A maioría deste Comité (CCOO-UGT) firmou este acordo, levando a bandeira da estabilidade e colgándose a medalla de conseguir indefinidos no CAT e en SATE, sen importarlle que este proceso discrimina a traballadoras máis antigas por ter unha reducción de xornada por coidado de fillos, e sáltase ao seu antollo a antigüidade dos compañeiros de obra, para facer indefinidos polo “metodo dixital”

* Tanto este proceso de indefinidos coma o do 11822 (os compañeiros que subiron ao CAT e a SATE) foron “a dedo”, porque se saltaron a antigüidade, pero ... que casualidade ... os dous levaban un delegado de UGT.

*Tíñamos pendente outra denuncia: Sancións.A notificación das sancións graves ou moi graves, segundo o artigo 71 do Convenio de Contact Center que asinaron Patronal-CCOO-UGT, indica que para “proceder a imposición” das sancións debe comunicárselle aos representantes dos traballadores.Pero cal é a nosa sorpresa, que só á CIG e á CGT, lle parece mal que o 7 de agosto, a empresa nos comunique as sancións postas dende xaneiro ata agora.A resposta da empresa foi que as comunica cando lle da a gana.Cal será a resposta do Inspector??

*Recordámosvos que cando a empresa vos chame ao despacho para impoñervos unha sanción, debedes chamar a un representante sindical, porque a parte de que é contraproducente ir só ao despacho, a empresa fai “chapuzas” e se poden anular as sancións.

*Todo isto, só serve para:

* Modificarlle o horario aos compañeiros de PYMES, asignándolles un fora de banda cando a empresa queira, preavisando cos 7 días de antelación, porque para iso teñen un acordo coa maioría do Comité.

* Inventarse outros horarios fóra de banda a parte do de 12:00 a 19:00, porque para iso teñen un acordo coa maioría do Comité.

* Vender estabilidade na plataforma facendo indefinidos nun servizo, pero saltarse o Convenio e pisotear os dereitos dos traballadores doutro, porque para iso teñen un acordo coa maioría do Comité.
Nesta reunión, coma en todas, e como xa vos comentamos, Luis López volvíu a faltar ao respecto a esta Sección Sindical e a CIG, porque como xa recoñeceu diante do Inspector, para él só existen dous sindicatos en Atento. Sabedes cales son???Aínda que téñamos que aturar este comportamento por parte da empresa, e en especial de Luís López, seguiremos tocando as p...... denunciando todas as irregularidades que comete Atento

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Como dije en su momento y como ex-tidosita, creo que los sindicatos deberían dejar de tirarse puñaladas unos a otros y mirar más por los posibles despidos. Por nosostros no miraron (no incluyo a todos los sindicatos) y el resultado es que estamos en la calle y ellos siguen ahí. Ahora, creo que es el momento de no volver a cometer el mismo error y hacer que los compañer@s que están dentro, sigan conservando su puesto de trabajo y peleen por el trabajo en España.

Anónimo dijo...

parece que en atento vuelven los despidos, y otra vez en el tidos. es alucinante lo lei en el blog de la ciga.
saludos y no dejeis que este blog se muera

Powered By Blogger